Ir ao contido

Escoller o equipo técnico dun proxecto

En Equipo do menú do proxecto escolles que persoal técnico da túa institución traballa nel e, despois, quen vai a cada servizo: a montaxe, a rexedoría, a carga. É unha pantalla do persoal técnico: os músicos non a teñen no menú.

Equipo técnico dun proxecto, con cada persoa no seu departamentoEquipo técnico dun proxecto, con cada persoa no seu departamento
  1. Entra no proxecto e abre Equipo no menú da esquerda.
  2. Verás o persoal técnico con contrato nas datas do proxecto, agrupado por departamento. Quen aínda non ten departamento sae agrupado polo seu posto. Cada chip leva o nome e, debaixo, o posto.
  3. Preme as persoas que traballan no proxecto. Ninguén vén marcado: escóllense en cada proxecto. Para marcar ou quitar a todo o mundo dunha vez, tes Engadir todos e Quitar todos, e o buscador para atopar a alguén.
  4. Preme Gardar.

Se quitas a alguén do equipo, ao gardar sae tamén dos servizos do proxecto aos que estaba asignado.

Se necesitas a alguén que non está, contrátao desde aquí: preme a icona da persoa co + da tarxeta Persoal técnico, Contratar para este proxecto. Ábrese un contrato novo de persoal técnico para este proxecto, coas datas do período de traballo do proxecto (ou dos seus servizos, se xa está nalgún). Busca a persoa, completa o contrato e gárdao: entra soa no equipo.

Un chip cun aviso é de alguén cunha ausencia aprobada nas datas do proxecto; ao pasar o rato ves cal. En laranxa, a ausencia toca só parte do proxecto: podes engadir esa persoa, pero Weikos pídeche confirmalo. En vermello, está ausente todo o proxecto (unha baixa, unha excedencia) e non se pode engadir.

Un servizo non herda todo o equipo: en cada un marcas quen vai. Podes facelo de dúas formas.

Todos os servizos á vez. Na pantalla Equipo, cambia de vista co conmutador de arriba á esquerda e escolle Reparto por servizo. Os servizos do proxecto saen en filas, coa súa data, a súa hora e o seu tipo, e o equipo en columnas. Marca a caixa de cada persoa en cada servizo e preme Gardar.

Se alguén está ausente o día dun servizo, a súa caixa nese servizo sae en vermello co motivo e non se pode marcar.

Servizo a servizo. Abre o servizo no plan de traballo. Debaixo de Agrupacións está a tarxeta Equipo técnico, co equipo do proxecto sen marcar. Preme as persoas que van e garda o servizo. Quen está ausente ese día sae cun aviso vermello e non se pode marcar.

Se duplicas un servizo, a copia leva o mesmo equipo técnico. Se o moves a outro proxecto, sae sen ninguén asignado.

Cada chip leva tamén un reloxo: é a marxe desa persoa antes e despois dos servizos, no proxecto ou nese servizo. Como se pon explícao Configurar a marxe dos servizos.

Como o cadro de persoal, o equipo técnico non o ven os músicos ata que o publicas.

  1. Na pantalla Equipo, preme a icona do ollo da barra de arriba.
  2. En verde, o equipo está publicado: Publicado: os músicos veno. Despublicar. Volve premelo para retiralo.

Aplícase ao premelo, sen gardar.

Ao abrir un servizo no calendario, a tarxeta Equipo artístico leva a dirección, as persoas solistas e as agrupacións, e debaixo sae Equipo técnico cando hai alguén asignado a ese servizo.

  • Os músicos veno só co equipo publicado.
  • O persoal técnico veo tamén sen publicar, en ámbar e co aviso Sen publicar: o persoal músico non o ve. Se podes editalo, o lapis xunto ao título abre o reparto por servizo do proxecto.

Nas apps vese igual, no detalle do servizo.

Para quen traballa no equipo técnico, Os meus eventos leva os servizos aos que está asignado, tamén nas apps. E se o seu contrato está feito só para este proxecto, a lista de servizos do seu contrato amosa tamén só eses.

Nos avisos de servizos, o bloque Equipo técnico ten un alcance: Todo o persoal técnico ou Só o persoal asignado ao evento. Escóllese nos avisos da institución, en Configuración › Axustes xerais › Notificacións.

  • Non sae ninguén, ou falta unha persoa. Só aparece o persoal técnico con contrato nas datas do proxecto. Revisa as datas e a especialidade do seu contrato.
  • Un chip sae en gris cun aviso vermello e non se pode premer. Esa persoa ten unha ausencia aprobada que cobre todo o proxecto. Se non debería, revisa a ausencia en Ausencias.
  • A tarxeta do servizo di O proxecto non ten equipo técnico. Escolle antes o equipo do proxecto: preme Escollelo en Equipo.
  • Os músicos non ven quen vai. Comproba que o ollo da barra está en verde e que a persoa está marcada nese servizo.
  • Non ves Equipo no menú do proxecto, ou o ollo sae desactivado. Depende do teu rol de acceso, no permiso Equipo do proxecto.