Ir ao contido

Configurar os tipos de ausencia

Cada ausencia é dun tipo: vacacións, baixa médica, asuntos propios… O tipo decide a quen se aplica, os seus límites, como se pide e se se pode ampliar. Unha persoa só pode pedir os tipos asignados ao seu contrato. Como se piden explícao Pedir unha ausencia; como se resolven, Aprobar ou denegar ausencias.

  1. Entra en Configuración › Axustes xerais › Administración › Tipos de ausencia e preme Engadir tipo de ausencia.
  2. Cubre os pasos do asistente. Podes ir dun a outro na orde que queiras.
  3. Preme Gardar.

Para cambiar un tipo, preme o lapis da súa fila: ábrese o mesmo asistente. Os cambios valen para as ausencias que se pidan a partir de entón.

  • Nome público: o que ven as persoas ao pedir a ausencia. Nome administrativo: o que ve a túa institución.
  • Tipo de ausencia: retribuída, non retribuída, médica, vacacións, días libres ou outras. Decide a cor e o grupo no que sae no calendario; non cambia os límites.
  • Activo: un tipo inactivo deixa de ofrecerse. As ausencias que xa ten non cambian.
  • Persoas beneficiarias: Xeral, para calquera contrato, ou Equipo, para os roles que escollas. Con calquera rol que teña agrupación (persoal músico, técnico, dirección e composición) podes ademais limitalo a unhas agrupacións: se as deixas baleiras, vale para todos os contratos dese rol. Solista e profesor/a non teñen agrupación, así que non se filtran por ela.
  • Aplicar automaticamente ao contrato: o tipo asígnase só aos contratos vixentes que encaixan co ámbito, os que xa existen e os novos, e quítase dos que deixan de encaixar se cambias o ámbito. Un tipo novo vén con esta opción activada.

Se o deixas apagado, asígnao a man en cada contrato: na ficha do contrato, tarxeta Tipos de ausencia › Xestionar tipos de ausencia › Engadir tipo de ausencia, e garda o contrato.

  • Cantidade dispoñible: cantos días se poden coller. No seu Cómputo escolles se contan por Ano, por Tempada ou Por solicitude, é dicir, o máximo que pode durar cada ausencia.

  • Tipo de días: Días naturais, todos os días; Días hábiles, os días que traballa o contrato de cada persoa (os seus Días laborables), sen os festivos da túa institución agás que o contrato traballe en festivos; ou Horas, para as ausencias que se contan por horas, como as horas sindicais.

    Contar en horas obriga a pedir a franxa: ao escollelo, Hora de inicio e Hora de fin quedan activadas e xa non se poden apagar. Unha ausencia de varios días é a mesma franxa cada día hábil: de 9 a 11 de luns a mércores son 6 horas. A cantidade, o saldo e os avisos da persoa saen en horas.

    Un tipo que xa ten ausencias non deixa cambiar como se conta, porque as súas cantidades están na unidade anterior. Se o necesitas con outra unidade, crea un tipo novo e desactiva o antigo.

  • Cantidade de solicitudes dispoñibles: cantas ausencias deste tipo se poden ter por ano, por tempada ou En total.

Só contan as ausencias aprobadas do mesmo contrato e tipo. Co cómputo por tempada, crea antes as tempadas da túa institución. Ao pedir a ausencia, a persoa ve o seu saldo: os días consumidos, os que lle quedan e as súas solicitudes aprobadas. Estes límites tamén se aplican cando a túa institución rexistra a ausencia.

  • A persoa pode solicitalo: se está apagado, só a túa institución pode rexistrar ausencias deste tipo, por exemplo unha baixa médica.
  • Require aprobación: a solicitude chega como pendente e a túa institución apróbaa ou denégaa. Sen el, queda aprobada ao pedila.
  • Antelación mínima de solicitude: con cantos días naturais de antelación hai que pedila. Se activas Permite solicitude de urxencia (fóra de prazo), a persoa pode pedila con menos antelación: ve un aviso e a túa institución ve a solicitude marcada como fóra de prazo.
  • Período de espera entre solicitudes (días): días mínimos desde a fin da última ausencia aprobada deste tipo ata o inicio da seguinte.
  • Editable mentres está pendente e Cancelable mentres está pendente: se a persoa pode cambiar ou cancelar a súa solicitude antes de que se resolva.

A túa institución non ten que respectar a antelación nin a espera ao rexistrar unha ausencia.

Serven para as ausencias cuxa data de fin non se coñece de antemán, como unha baixa médica: créanse coa data de fin provisional, amplíanse cando fai falta e, cando se sabe cando rematan, márcase a data como definitiva.

  • Permite ampliación: as ausencias deste tipo créanse coa data de fin Provisional e teñen o botón Ampliar.
  • A persoa usuaria pode ampliar: a propia persoa pode ampliar a súa ausencia unha vez aprobada e marcar a súa data de fin como definitiva, na web ou na app. Se está apagado, só o fai a túa institución.
  • Límite de ampliacións: cantas veces se pode ampliar cada ausencia. Baleiro, sen límite.

Ampliar non cambia o estado da ausencia nin volve pedir aprobación. Como se amplía explícano Aprobar ou denegar ausencias e, para a persoa, Pedir unha ausencia.

Decide que campos ve a persoa ao pedir a ausencia: Hora de inicio e Hora de fin, para ausencias dunhas horas; Motivo; e Documentos, para anexar xustificantes. Marca Obrigatorio no motivo ou nos documentos se non se pode enviar sen eles.

  • Unha persoa non ve o tipo ao pedir unha ausencia. Ten que estar activo, asignado ao seu contrato e con A persoa pode solicitalo activado.
  • Non atopas o tipo ao asignalo a un contrato. Está inactivo, asígnase automaticamente ou non encaixa no seu ámbito. Se sae Todos os tipos aplicables xa están asignados, o contrato xa os ten todos.
  • Unha persoa non pode pedir máis días ou máis ausencias. Chegou á Cantidade dispoñible ou á Cantidade de solicitudes dispoñibles do período. Se lle corresponden máis, sobe o límite do tipo.
  • Non che deixa eliminar un tipo. Sae Non se pode eliminar un tipo con ausencias asociadas: desactívao para que non se ofreza máis.
  • Engadir tipo de ausencia está desactivado. Sae Escolle un contrato para engadir: tes contratos de varias institucións escollidos arriba. Escolle un en Contrato.
  • Non ves Tipos de ausencia. O teu rol de acceso non o inclúe. Fala con quen administra a túa institución.

Nunca che pediremos por correo o teu contrasinal nin os teus datos bancarios. Se recibes unha mensaxe que chos pida en nome de Weikos, non respondas e escríbenos a help@weikos.io.