Ir ao contido

Configurar a marxe dos servizos

O persoal técnico adoita chegar antes dun ensaio e quedar despois: montar, recoller, abrir a sala. A marxe dos servizos son eses minutos antes e despois, que se suman ao que computa cada persoa na súa ficha e no desempeño do equipo. Non cambian o servizo no calendario nin o que ve o persoal músico.

A marxe ponse do xeral ao concreto: a institución, o departamento, o posto, o contrato da persoa, o equipo do proxecto e o servizo. Cada nivel cambia o do anterior. Un campo baleiro herda, e un 0 anúlao.

  1. Entra en Configuración › Axustes xerais › Equipo › Marxe dos servizos.
  2. En Xeral, escribe os minutos de Antes e de Despois. Gárdase ao saír do campo.
  3. Debaixo, nos departamentos e nos postos de traballo, cambia o dos que o necesiten. Se unha persoa ten marxe polo seu departamento e polo seu posto, prevalece a do posto.

De entrada só saen os departamentos e os postos que teñen a alguén ou que xa teñen marxe. Para ver o resto, preme Ver todos (… máis).

  1. Abre o seu contrato.
  2. Na tarxeta de control horario, a liña Marxe dos servizos indica a que ten e de onde lle vén: xeral, do seu departamento ou do seu posto.
  3. Preme Cambiar, escribe os seus minutos e garda o contrato.

Poñer unha marxe nun proxecto ou nun servizo

Sección titulada «Poñer unha marxe nun proxecto ou nun servizo»
  1. No equipo técnico do proxecto, ou na tarxeta do equipo técnico dun servizo, cada persoa leva un reloxo no seu chip. Atenuado, herda; con minutos, ten unha marxe propia nese proxecto ou nese servizo.
  2. Preme o reloxo. Verás a que herdaría.
  3. Escribe os seus minutos e preme Gardar.

No reparto por servizo do proxecto, a cela de quen ten marxe propia nese servizo leva un reloxo, e a marxe aparece ao pasar o rato por riba. Como escoller o equipo e repartilo explícao Escoller o equipo técnico dun proxecto.

Cada servizo ocupa desde o seu inicio menos a marxe de antes ata a súa fin máis a de despois. Se dous servizos seguidos da mesma persoa se solapan, o tempo que comparten cóntase unha soa vez, e a marxe de despois nunca entra no servizo seguinte. Por exemplo, un ensaio de 10:00 a 13:00 con 15 minutos despois e outro de 13:30 a 15:00 con 30 minutos antes computan 5 horas e 45 minutos, non 6 horas. Na ficha, o servizo indícache cantos minutos de marxe xa estaban contados no outro.

Un servizo de día completo non ten marxe.

  • A marxe non se ve na ficha dunha persoa. Só se computa ao persoal técnico (especialidade Administración, Administrativo/a ou Produción) e nos servizos aos que está asignado.
  • Sae menos marxe da que puxeches. Sólapase con outro servizo da persoa ou chegaba ao servizo seguinte. Pasa o rato por riba para ver canto xa estaba contado.
  • Non sae un departamento ou un posto nos axustes. Aínda non o ten ninguén: preme Ver todos (… máis).
  • Non podes cambiar un nivel. O teu rol de acceso non permite editar esa parte: a xeral vai coas preferencias de contratos, e as demais cos departamentos, os postos, o contrato, o equipo do proxecto ou o servizo.

Fala con quen administra a túa institución se necesitas outro permiso. Se a marxe computada non sae de ningún nivel que vexas, escríbenos a help@weikos.io cunha captura.