Ir ao contido

Responder un cuestionario

A túa institución pode pedirche a túa opinión sobre un proxecto, avaliar a dirección convidada ou recoller datos, como as túas alerxias ou o día que chegas a unha xira. Os cuestionarios que tes abertos están na web, en O meu Weikos, e no menú da app.

  1. No menú, entra en O meu Weikos › Os meus cuestionarios. O número laranxa indica os que tes pendentes.
  2. En Por responder, preme Responder. Ao lado ves ata cando podes facelo.
  3. Le o aviso de arriba: indica se o cuestionario é anónimo ou se as túas respostas levan o teu nome.
  4. Responde e preme Enviar. Se falta algo, lévate á pregunta e explícache que lle pasa.

Ao envialo, o cuestionario pasa a Xa respondidos. Nun con nome, Ver as miñas respostas amósache o que respondiches. Se non tes ningún aberto, verás Non tes cuestionarios abertos.

As respostas enviadas non se poden cambiar. Os respondidos seguen na lista mentres o cuestionario está aberto; cando se pecha, desaparece.

Na pregunta, arrastra os ficheiros ou preme Escoller ficheiros. Debaixo ves que tipos admite, de que tamaño e cantos. Cada ficheiro sóbese no momento, coa súa barra; mentres soben, o botón de enviar agarda. Se te equivocas, quítao coa ✕.

Nun cuestionario anónimo, o ficheiro gárdase sen o teu nome, sen a hora e sen o nome que tiña, e ás fotos quítanselles os seus datos internos, como a localización. O que Weikos non pode quitar é o que leva un documento dentro: un Word ou un PDF adoitan gardar o nome da persoa autora nas súas propiedades. Revísao antes de subilo.

O que vas respondendo gárdase só. Se saes e volves, segue aí. Nun con nome podes seguir desde outro ordenador ou desde a app; nun anónimo, só desde o mesmo navegador, porque as túas respostas non se gardan en Weikos ata que as envías.

A túa institución non sabe se respondiches nin que respondiches. Coas túas respostas só se garda un grupo grande, como a túa familia instrumental, e o aviso de arriba indica cal. Weikos sabe internamente que respondiches para que non respondas dúas veces, pero non llo amosa a ninguén.

Se escaneas o QR ou abres a ligazón dun cuestionario que che enviaron, ábrese nos teus cuestionarios. No móbil, se tes a app instalada, ábrese na app; se non, no navegador, onde che pide Iniciar sesión para responder. Se o cuestionario é público, podes respondelo sen conta, unha vez por dispositivo.

Se a túa institución te convidou por correo sen ter conta en Weikos, a ligazón do correo é só túa e serve para responder unha vez.

  • Non ves Os meus cuestionarios. A túa institución non usa cuestionarios.
  • Non che aparece un cuestionario. Non cho enviaron a ti, aínda non se publicou ou xa se pechou.
  • Indica que a ligazón non é válida. Escribe o dominio co seu punto e sen espazos, como weikos.io; con ou sen https:// vale. Se a pregunta pide un sitio concreto, a ligazón ten que ser dese sitio.
  • Un ficheiro non se sobe. Debaixo do ficheiro indícase o motivo: a pregunta non admite ese tipo de ficheiro, supera o tamaño máximo ou xa se alcanzou o número máximo de ficheiros. Se indica que o contido non corresponde ao seu formato, gárdao de novo no seu formato (por exemplo, exportándoo a PDF) en lugar de cambiarlle a extensión.
  • Unha foto non se sobe nun cuestionario anónimo. É unha foto de iPhone en formato HEIC, que non se pode limpar dos seus datos internos. Gárdaa en formato JPG ou fai unha captura de pantalla e sóbea.
  • Pídeche volver subir un ficheiro. Subíchelo hai máis de 7 días e non chegaches a enviar o cuestionario. Quítao coa ✕ e sóbeo outra vez.
  • Aparece Esta ligazón xa non é válida. A túa institución cambiou a ligazón ou retirou o cuestionario. Pídelle a ligazón nova.
  • Coa ligazón dunha invitación, aparece Xa respondiches este cuestionario. Grazas.. A túa ligazón serve para responder unha vez, e xa a usaches.
  • Queres cambiar unha resposta. Unha vez enviada non se pode: dillo á túa institución.