Ver o informe dun cuestionario
Cada cuestionario ten o seu informe, na lapela Informe da súa ficha. Se leva nome, ábrese en canto se publica. Se é anónimo, ábrese ao pechalo: mentres está aberto, cada resposta nova cambiaría os números e poderíase saber que contestou quen acaba de responder.


Ler o informe
Sección titulada «Ler o informe»- Abre o cuestionario e preme Informe.
- En O esencial tes a media das valoracións, a porcentaxe de «si» da primeira pregunta de si ou non e cantas persoas responderon. Ao lado de cada unha sae a media da tempada, se hai outros cuestionarios do mesmo tipo pechados nela.
- Debaixo, O que le Weikos nas respostas resúmeo en frases: o máis e o menos valorado, onde hai opinións divididas, que grupos pensan distinto, como queda fronte á tempada e se respondeu xente dabondo para que o resultado valla.
- Despois vén cada pregunta cos seus datos. Pasa o rato por unha barra para ver cantas respostas ten cada valor.
- Nos comentarios, o Resumo con IA agrupa os temas que se repiten, con cantas veces saen, o ton xeral e algunhas citas. Debaixo podes lelos todos.
Ver cada resposta enteira
Sección titulada «Ver cada resposta enteira»En Respostas unha a unha (nun con nome, Por persoa) preme unha resposta para ver todo o que contestou esa persoa, e pasa á seguinte coas frechas. Serve para ler un comentario xunto ás notas que puxo.
Para cruzar preguntas, escolle unha en Só quen respondeu e despois o valor. Por exemplo, «Volverías invitar a esta persoa?» e «Non»: verás só esas respostas, con todo o demais que contestaron.
Nun anónimo, cada resposta sae como «Resposta 7», sen nome nin data e nunha orde que non é a de chegada. Nun con nome, as respostas das persoas invitadas por correo saen co seu nome, marcadas como Invitación. Ademais, Faltan por responder di quen non respondeu aínda.
As respostas de fóra
Sección titulada «As respostas de fóra»As respostas pola ligazón pública ou o QR e as das persoas invitadas por correo cóntanse á parte: non entran na porcentaxe de participación das persoas destinatarias. Xunto á participación, o informe di cantas chegaron de cada forma.
Os ficheiros
Sección titulada «Os ficheiros»Unha pregunta de ficheiro amosa os que se subiron. Preme un para abrilo, ou Descargar todos para baixalos xuntos nun ZIP. Nun con nome levan diante o nome da persoa; nun anónimo chámanse «Resposta 7 · ficheiro 1», nunca co seu nome orixinal, que podería dicir quen o subiu. Tamén se abren desde cada resposta en Respostas unha a unha.
Descargalo
Sección titulada «Descargalo»Co cuestionario pechado e con respostas, preme o botón de descarga da barra da ficha:
- Informe (PDF): o resumo, como na pantalla, co logo da túa institución.
- Respostas (Excel): unha fila por resposta. Nun con nome leva o nome, a especialidade e a agrupación de cada persoa, e o nome das persoas invitadas por correo; nun anónimo, ningún nome.
Quen ve o informe
Sección titulada «Quen ve o informe»Veno as persoas cuxo rol de acceso ten Ver resultados. Cada cuestionario pode limitalo a unhas persoas concretas en Configuración › «Quen ve os resultados», tamén despois de publicalo. A persoa avaliada non o ve nunca.
Se non funciona
Sección titulada «Se non funciona»- «Informe» sae en gris. Se o cuestionario é anónimo, aínda non se pechou. Se non, pasa o rato por enriba: dite se é porque só o ven unhas persoas concretas ou porque o teu rol non o permite.
- O botón de descarga sae en gris. O cuestionario non está pechado ou non ten respostas.
- Un grupo sae con «—». Ten menos de 5 respostas: contan no total, pero non se amosan por separado para que non se poida saber quen respondeu.
- Non sae o resumo con IA. Fan falta polo menos 3 comentarios, e créase ao abrir o informe co cuestionario pechado.