Compartir documentos co equipo
En Documentos a túa institución comparte ficheiros coa súa xente: regulamentos, circulares, calendarios ou documentos para unha soa persoa. Cada documento ten unha visibilidade que decide quen o ve, e pode dirixirse a unha ou varias agrupacións. As persoas atópanos en «Os meus documentos», na web e nas apps, como explica Os teus documentos.
Subir documentos
Sección titulada «Subir documentos»- Entra en Persoas › Administración › Documentos.
- Arrastra os ficheiros á zona de arriba ou preme Subir. Podes subir varios á vez.
- En Subir documento, revisa o nome de cada ficheiro e escolle a súa Categoría e a súa Visibilidade.
- Preme a frecha dun ficheiro para engadir unha Descrición e escoller as súas Agrupacións. Se é Persoal, escolle aí o Persoa destinataria.
- Preme Subir todo.
Os documentos aparecen na lista e, desde ese momento, en «Os meus documentos» de quen poida velos. Ninguén recibe un aviso: se é importante, cóntallo ao equipo.
Quen ve cada documento
Sección titulada «Quen ve cada documento»- Público: todas as persoas con contrato vixente na túa institución.
- Permanentes: só as persoas con contrato estable, non as contratadas para un proxecto.
- Xestión: só quen xestiona os documentos da institución.
- Persoal: só a persoa escollida como destinataria.
Se escolles agrupacións, só o ven as persoas desas agrupacións, e unha persoa sen agrupación só ve os documentos que non teñen ningunha. Cando remata o contrato de alguén, deixa de ver os documentos da institución.
Nesta pantalla ves todos os documentos. Para ver só os dunha visibilidade, usa as lapelas de arriba.
Cambiar un documento
Sección titulada «Cambiar un documento»- Un a un: preme o lapis da súa fila, cambia o que necesites en Editar documento e preme Gardar. No menú ⋮ tes tamén Renomear e Cambiar categoría.
- Varios á vez: márcaos e usa Accións › Asignar categoría, Cambiar visibilidade ou Asignar agrupación. Asignar agrupación substitúe as que tivesen. Para facer persoais varios documentos, cámbiaos un a un: cada un necesita a súa persoa destinataria.
- Eliminar: no menú ⋮ da súa fila, escolle Eliminar, ou marca varios e usa Eliminar seleccionados. Non se pode desfacer.
Para buscar, usa Buscar por nome... ou Filtros avanzados: categoría, agrupacións e data de subida. Descargar descarga a lista en Excel: os documentos marcados ou, se non marcas ningún, os da lapela coa busca e os filtros.
Copiar a ligazón dun documento
Sección titulada «Copiar a ligazón dun documento»No menú ⋮ da súa fila, escolle Copiar ligazón. Sae Ligazón copiada. A ligazón pide entrar en Weikos e só abre o ficheiro a quen pode velo na súa lista ou xestiona os documentos: non serve para compartilo con alguén de fóra da túa institución. A esa persoa, envíalle o ficheiro descargado.
Organizar por categorías
Sección titulada «Organizar por categorías»- Entra en Configuración › Axustes xerais › Administración › Categorías de documentos.
- Preme Engadir categoría, escribe o nome e escolle unha cor.
- Preme Gardar.
Para que unha categoría deixe de ofrecerse, desactívaa na súa fila: os documentos que xa a teñen consérvana. Só se pode eliminar se non ten documentos.
Documentos dun proxecto
Sección titulada «Documentos dun proxecto»O que só ten que ver cun proxecto, como unha folla de ruta ou as notas dunha xira, súbese dentro do proxecto.
- Abre o proxecto e entra en Documentos no seu menú.
- Escolle arriba Públicos ou Privados: o que subes vai á lapela escollida.
- Arrastra os ficheiros á zona de subida ou preme nela. Podes subir varios á vez.
Os documentos públicos poden velos o persoal músico e a dirección do proxecto, na web e nas apps; os privados, só quen pode ver todos os documentos do proxecto, como o persoal técnico. No menú de cada documento podes Descargar, Copiar ligazón, Facer público ou Facer privado, e Eliminar. Tampouco aquí se envía ningún aviso. O resto do proxecto explícao Crear un proxecto.
Se non funciona
Sección titulada «Se non funciona»- Unha persoa non ve un documento. Revisa a súa visibilidade e as súas agrupacións: con Permanentes non o ven quen ten contrato por proxecto, e quen non ten agrupación só ve os documentos sen agrupacións. Ten que ter un contrato vixente contigo e, se ten roles distintos en varias institucións, escoller arriba o rol que ten na túa.
- Non podes editar nin borrar un documento, ou unha agrupación sae bloqueada. O teu rol traballa só coas túas agrupacións: editas, borras e subes os documentos das túas agrupacións, e os persoais de persoas das túas agrupacións. Os de toda a institución e os doutras agrupacións consúltalos sen cambialos, e as agrupacións alleas non se poden marcar nin quitar. Se non marcas ningunha túa, sae O teu rol só sobe documentos das súas agrupacións: marca polo menos unha e non se pode gardar; se o cambio toca unha agrupación allea, sae O teu rol só traballa cos documentos das súas agrupacións.
- Alguén do persoal músico non ve un documento do proxecto. Está en Privados: búscao nesa lapela e escolle Facer público no seu menú.
- A ligazón copiada non abre o ficheiro. Quen a abre ten que entrar en Weikos e poder ver ese documento. A alguén de fóra, envíalle o ficheiro descargado.
- Non ves Descargar, ou non descarga a lista. O teu rol de acceso non inclúe exportar os documentos. Fala con quen administra a túa institución.
- Ao arrastrar un ficheiro non aparece na xanela. É demasiado grande. Redúceo, por exemplo gardándoo como PDF comprimido, e volve subilo.
- O ficheiro rexéitase con «Datos non válidos». Só se admiten PDF, JPEG, PNG, WebP, GIF, HEIC/HEIF, Word e Excel. Converte o ficheiro, normalmente a PDF, e volve subilo.
- Ao subir un documento persoal sae Erro ao crear o documento. Falta a persoa destinataria: desprega a frecha do ficheiro e escóllea.
- Non te deixa eliminar unha categoría. Ten documentos. Desactívaa para que non se ofreza máis.
- Unha categoría non aparece ao subir. Está desactivada: actívaa en Categorías de documentos.
- Subir sae desactivado. Tes Todos escollido arriba con contratos de varias institucións, ou varios contratos nesta sen escoller un. Pasa o rato por riba para ver o motivo e escolle en Contrato un da institución onde queres subilo.
- Traballas con varias institucións e ves os documentos doutra. Escolle arriba, en Contrato, un contrato da institución que queres xestionar.
- Non ves Documentos en Administración. O teu rol de acceso non o inclúe. Fala con quen administra a túa institución.
Nunca che pediremos por correo o teu contrasinal nin os teus datos bancarios. Se recibes unha mensaxe que chos pida en nome de Weikos, non respondas e escríbenos a help@weikos.io.