Ir ao contido

Pedir os datos a artistas ou á súa axencia

Se unha persoa artista non ten conta en Weikos, podes enviarlle a ela ou a quen a representa unha ligazón a un formulario para que cubra os seus datos de contratación, sen crear unha conta. Cando o envía, os datos pasan directamente ao contrato.

Só para persoas sen conta en Weikos. Se o contrato xa ten alguén asignado, a solicitude substitúe esa persoa, que deixa de ver o contrato. Quen ten conta completa os seus datos ao aceptar o contrato.

  1. Abre o contrato e preme a icona Enviar solicitude de datos da barra de accións, arriba á dereita, que aparece mentres o contrato non ten ninguén asignado. Tamén está en Datos persoais › Buscar músico/a... › Enviar solicitude de datos.
  2. Escribe o nome, os apelidos e o correo electrónico. En Quen recibirá esta ligazón?, escolle A propia persoa artista ou Unha persoa axente ou representante, e o idioma do correo. Preme Enviar.
  3. Na ficha verás Á espera dos datos de … e os días que faltan para que caduque a ligazón. A persoa artista non ve as condicións do contrato, e o estado do contrato non cambia.
  1. Recibes o aviso Datos recibidos e a ficha amosa Datos completados. Coa icona Ver estado do envío ves cando se abriu, se gardou e se enviou o formulario. «Correo aberto» non é seguro: algúns programas de correo márcano sós ao recibilo. O que confirma que a persoa artista o viu é o clic na ligazón ou a pantalla aberta.
  2. Revisa os datos no contrato: cópianse directamente, sen paso de aprobación. Cambia o estado do contrato cando o decidas.
  3. Se algo está mal, preme Pedir corrección, escribe a mensaxe, marca os campos en Que campos precisan revisión? e preme Enviar solicitude de corrección. A ficha pasa a Á espera de corrección; con Cancelar corrección anúlala.
  • Para volver mandala, ou para cambiar o idioma, preme Reenviar › Reenviar solicitude de datos › Reenviar. Vai ao mesmo enderezo, que verás na xanela; a ligazón anterior deixa de funcionar e a nova caduca na mesma data.
  • Para mandala a outro enderezo, revoga a solicitude e envía unha nova. A ligazón amosa o DNI, o enderezo e a conta bancaria que xa se gardaron, así que non se pode redirixir a outro correo sen deixar constancia.
  • Para anulala, preme Revogar › Revogar. Só pode haber unha solicitude por contrato: para enviar outra, revoga antes a anterior.

Abre a ligazón do correo, sen iniciar sesión, cobre os pasos Identidade, Contacto, Contratación, Datos bancarios e Resumo, e preme Enviar datos. O que escribe gárdase ao pasar dun paso a outro, e pode subir ficheiros JPG, PNG, WEBP ou PDF de ata 10 MB. Se pides unha corrección, verá Correccións solicitadas cos campos marcados.

O formulario pide só os datos que a túa institución marca como obrigatorios para ese tipo de contrato, segundo a persoa artista asine en nome propio ou por representación: ao activar Asinar como persoa representante cambian os campos. Sempre pide o nome ou o nome artístico e o correo. Xunto a un dato obrigatorio saen, opcionais, os que o completan: o reverso do documento co anverso, o enderezo adicional co enderezo e a persoa titular da conta co IBAN. Se non pides ningún dato do banco, non aparece Datos bancarios. Ao contrato só pasa o que se pide. As agrupacións ven o formulario completo. Se a persoa artista xa respondeu outra solicitude, o formulario tráelle cubertos os datos que enviou entón, tamén o documento de identidade e o teléfono.

Xusto despois de enviar, na pantalla de Grazas!, a persoa artista pode premer Borrar os meus datos mentres o contrato non estea preparado. Se o fai, bórrase todo o que enviou: o contrato queda sen persoa e sen os seus datos, e a ligazón deixa de funcionar. Non che chega ningún aviso. Para seguir, envíalle unha solicitude nova.

  • A persoa artista di que a ligazón xa non está dispoñible. A ligazón caducou, revogouse ou xa se usou, ou o contrato está rexeitado ou cancelado. Mira a ficha do contrato: se pon Datos completados, usa Pedir corrección; se non, preme Revogar e envía unha solicitude nova.
  • Dísche que o contrato xa ten unha solicitude activa. Só pode haber unha por contrato: revoga a anterior e envía a nova.
  • A persoa artista perdeu o que escribiu. O formulario garda ao pasar dun paso a outro, non ao pechar a páxina. Que volva abrir a ligazón e siga onde o deixou.
  • Enviaches a solicitude nun contrato que xa tiña unha persoa con conta. Preme Revogar › Revogar. Despois volve engadir esa persoa con Buscar músico/a... › Engadir ao contrato e preme Gardar: volve ver o contrato.
  • Non che chegou Datos recibidos. Chégalle a quen creou a solicitude, se a túa institución ten ese aviso activado. A ficha amosa Datos completados de todos os xeitos.
  • O contrato quedou sen persoa e sen datos. A persoa artista borrou os seus datos con Borrar os meus datos. Se segues necesitándoos, envíalle unha solicitude nova.
  • Á persoa artista fáltalle un dato ou pídeselle un que non necesitas. O formulario segue os campos obrigatorios do tipo de contrato e do modo de sinatura: revisa a configuración (abaixo) e o tipo do contrato. Se cambias o tipo coa ligazón xa enviada, ao enviar verá A institución cambiou os datos que necesita. Revisa os pasos marcados e volve envialos. Que cubra os pasos marcados e o envíe outra vez; o que xa escribiu consérvase.
  • A persoa artista creou unha conta e non ve o contrato. A conta nova non se une soa ao contrato: engádea con Buscar músico/a... › Engadir ao contrato.

Se unha ligazón recén enviada di que xa non está dispoñible, ou os datos recibidos parecen doutra persoa, escríbenos a help@weikos.io coa ligazón ao contrato.