O portasinaturas
O Portasinaturas, no menú baixo «Tarefas», reúne a sinatura da institución: o que tes que asinar, o que está en sinatura e o xa asinado. O número do menú indica cantos documentos tes pendentes.
Asinar o que tes pendente
Sección titulada «Asinar o que tes pendente»En Para asinar está o que che toca asinar pola institución, co máis antigo arriba. Un punto de cor indica canto leva esperando: verde ata 3 días, ámbar ata 7 e vermello despois.
- Para un: o ollo abre o documento e Asinar asínao con AutoFirma.
- Para varios: márcaos e preme o botón de asinar da barra. AutoFirma ábrese unha soa vez e pídeche o certificado e o PIN unha vez para todos. Se un falla, os demais seguen e o diálogo indícache por que.
Os documentos do teu propio contrato non saen aquí: asínanse desde o teu contrato.
Rexeitar un documento
Sección titulada «Rexeitar un documento»Se ves un erro, non o asines: no menú da fila, Rexeitar…, escribe o motivo (é obrigatorio) e confirma. A sinatura detense e quen o enviou recibe o motivo para corrixilo e envialo de novo.
Seguir o que está en sinatura
Sección titulada «Seguir o que está en sinatura»En Seguimento ves todos os documentos en sinatura que che deixa ver o teu rol. Arriba, cantos hai, cantos levan máis de 7 días, cantos esperan por alguén da institución e cantos por outras persoas; cada cifra filtra a lista.
Os pasos de cada documento indican en quen está: o que toca leva o seu nome e se asina ou dá o visto e prace, e os que van á vez saen xuntos nun grupo.
- Para lembrarllo a quen lle toca e aínda non asinou, preme a campá da fila ou marca varios e preme Lembrar. O aviso da pantalla indícache a quen chegou.
- No menú da fila podes cambiar quen asina pola institución, ver o contrato ou o seu seguimento e cancelar a sinatura.
Documentos asinados
Sección titulada «Documentos asinados»En Asinados están os asinados por todas as partes: Asinados por min ou, se o teu rol o permite, Toda a institución. Cada un ten o seu código de verificación (ao premelo ábrese a páxina que comproba as sinaturas), a vista previa e a descarga do exemplar asinado.