Atopar un servizo ou un proxecto
Weikos só che amosa o que che corresponde: necesitas un contrato aceptado e vixente, o proxecto ten que estar por confirmar ou confirmado, e o servizo (un ensaio, un concerto, unha actuación) ten que ser da túa agrupación ou tes que figurar nel por asignación. Antes de nada, revisa que os teus calendarios estean activados e que non teñas filtros aplicados.
Paso a paso
Sección titulada «Paso a paso»- Entra en Taboleiro › Calendario. Ábrese na última data que consultaches: volve á data de hoxe se fai falta.
- Na columna esquerda, comproba que Os meus eventos e a túa agrupación están activados. Se tes dúbidas, abre o menú ⋮ de calquera calendario e preme Amosar todos.
- Para os proxectos, entra en Actividade › Proxectos. Revisa o filtro Agrupacións e abre Filtros avanzados: se o proxecto xa rematou, activa Amosar proxectos pasados. Un proxecto segue na lista todo o seu último día.
- Se quedaron filtros doutra visita, preme Limpar filtros. O filtro de agrupacións non se quita así: revísao á man.
- Dentro do proxecto, en Plan de traballo, os servizos doutra agrupación aparecen atenuados con Servizo doutra agrupación. Se a túa institución decidiu ocultalos, non aparecen, e as datas do proxecto son as dos teus servizos.
- En Cadro de persoal, se pon Cadro de persoal non dispoñible, a institución aínda non o publicou.
- Na lapela Calendario, toca a icona de calendario de arriba á esquerda.
- En Calendarios, activa Os meus eventos e a túa agrupación. Se te engadiron a unha agrupación nova, actívaa aquí: non se activa soa.
- Arrastra cara abaixo para recargar. A app non se actualiza soa ao volver abrila.
- Na lapela Proxectos, os proxectos rematados non aparecen ata que os amosas desde o filtro. Buscar proxectos busca polo nome.
- Dentro do proxecto, na lista de servizos, unha barra de cor á esquerda marca os servizos nos que participas. Os servizos doutra agrupación aparecen con Servizo doutra agrupación, e o cadro de persoal está en Cadro de persoal completo. Se a túa institución decidiu ocultalos, non aparecen, e as datas do proxecto son as dos teus servizos.

Se non funciona
Sección titulada «Se non funciona»- Outra persoa da túa agrupación o ve e ti non. Os servizos vense por agrupación ou por asignación. Se te contrataron para un proxecto ou como reforzo, só ves os servizos nos que te asignaron. Se cres que deberías estar, pregúntalle a quen xestiona a túa contratación.
- A túa agrupación vai a ese servizo e a ti non che aparece nos teus eventos. A túa institución pode indicar que persoas de cada instrumento van a cada ensaio ou concerto: se ese día non estás no reparto do teu instrumento, non participas nese servizo. Se cres que deberías estar, pregúntalle a quen xestiona a túa contratación.
- O proxecto aínda non está confirmado. O persoal músico só ve os proxectos por confirmar ou confirmados. Mentres a institución non o pase a un deses estados, non verás o proxecto nin os seus servizos.
- O teu contrato está pendente. Ata que o aceptes non aparece nada no calendario. Como facelo explícao Aceptar un contrato.
- O teu contrato rematou ou o servizo cae fóra das súas datas. Ao pasar a data de fin deixas de ver o calendario e os proxectos desa institución, e un servizo fóra das datas do teu contrato non aparece.
- Desapareceu un servizo. O máis probable é que a institución o cancelase: os servizos cancelados deixan de verse.
- Outra persoa usou Weikos antes no teu móbil. A súa selección de calendarios queda gardada: revisa na app que calendarios tes activados.
Se o teu contrato está aceptado e vixente, o proxecto está confirmado, figuras no servizo por asignación e non che aparece nin na web nin na app, escríbenos a help@weikos.io coa túa institución, o nome do proxecto e a data do servizo.
O que decide a túa institución
Sección titulada «O que decide a túa institución»Nunca che pediremos por correo o teu contrasinal nin os teus datos bancarios. Se recibes unha mensaxe que chos pida en nome de Weikos, non respondas e escríbenos a help@weikos.io.