Enviar documentos a asinar
Coa sinatura na plataforma, os documentos do contrato asínanse dentro de Weikos con certificado dixital: asinan á vez a institución e a persoa contratada, cada unha co seu, e o contrato pasa só a «Asinado» cando están asinados todos os documentos que contan.
Enviar a asinar
Sección titulada «Enviar a asinar»- Abre o contrato e baixa ata «Documentos do contrato».
- Comproba o Asinante da institución: é quen asina pola institución neste contrato.
- Xera o documento se aínda non está.
- Preme Enviar a asinar. Para varios á vez, Enviar todo a asinar e escolle cales.
O contrato pasa a «Pendente de sinatura» e os seus datos quedan bloqueados mentres está en sinatura. A quen ten que asinar chégalle un aviso. Se a persoa contratada non ten conta en Weikos, recibe unha ligazón no correo do seu contrato; se fai falta, Reenviar a ligazón.
Cambiar quen asina pola institución
Sección titulada «Cambiar quen asina pola institución»A persoa asinante cámbiase no propio contrato mentres ninguén asinase. Tamén desde o portasinaturas, no menú da fila, con Cambiar quen asina pola institución.
Cancelar ou anular a sinatura
Sección titulada «Cancelar ou anular a sinatura»No menú da sinatura do documento:
- Cancelar a sinatura, se ninguén asinou: o documento segue valendo e podes envialo de novo.
- Anular e comezar de novo, se alguén xa asinou: queda anulado no historial e hai que xeralo de novo.
Se o contrato ten un erro que hai que corrixir, cancela ou anula a sinatura, corrixe os datos e volve xerar o documento.
Como vai a sinatura
Sección titulada «Como vai a sinatura»Cada documento di «En sinatura» e cantas sinaturas ten; debaixo, os seus pasos: quen asinou e quen falta. O seguimento do contrato recolle cada envío, sinatura, anulación ou rexeitamento, cos avisos que saíron. Para velo todo xunto, usa o portasinaturas.
En Configuración › Notificacións, en «Sinatura de documentos», escolles que avisos saen e a quen: documentos para asinar, documento asinado por todas as partes, sinatura anulada e Documento rexeitado. Os do equipo chegan, se non se cambia, a quen enviou o documento.