Ir ao contido

Responder a unha invitación

Unha institución pode invitarte a Weikos, propoñerche un contrato aínda que non teñas conta ou pedirche os teus datos cun formulario. Os tres correos chegan desde no-reply@weikos.io, co nome da institución no asunto. Se é unha invitación, crea a túa conta co mesmo correo electrónico no que a recibiches. Se é unha solicitude de datos, non necesitas conta.

  1. Abre a ligazón do correo ou, na pantalla de acceso, preme Crea unha conta.
  2. Escribe o teu nome, os teus apelidos, o mesmo correo electrónico no que che chegou a invitación e o contrasinal, e preme Seguinte. Escolle a túa especialidade principal, co seu instrumento ou a súa área, revisa o país, acepta as condicións e preme Crear conta.
  3. Verás Rexistro completado. Abre o correo de confirmación e preme a súa ligazón.
  4. Preme Iniciar sesión e entra.
  5. Se che propuxeron un contrato, está en O meu Weikos › Os meus contratos.

Se non che chega o correo de confirmación ou algo falla ao rexistrarte, segue Crear a túa conta. Para aceptar o contrato, mira Aceptar un contrato.

  1. Abre a ligazón do correo. Non fai falta iniciar sesión nin ter conta.
  2. Preme Comezar e cobre os pasos: Identidade, Contacto, Contratación e Datos bancarios. Os documentos poden ser JPG, PNG, WEBP ou PDF de ata 10 MB.
  3. O que escribes gárdase ao pasar ao paso seguinte. Se tes que deixalo a medias, avanza de paso antes de saír: ao volver abrir a ligazón recuperarao.
  4. En Resumo, revisa os datos, marca a caixa da política de privacidade e preme Enviar datos. Verás Grazas!
  5. Se a institución che pide correccións, abre a ligazón do correo máis recente: verás Correccións solicitadas e os campos que tes que cambiar.
  6. Crear unha conta despois con Crear conta de artista é opcional: os datos que enviaches xa lle chegan á institución e non pasan á conta nova.
  7. Se prefires que a institución non conserve os teus datos, nesa mesma pantalla preme Borrar os meus datos e confírmao en Borrar os teus datos?. Bórrase para sempre todo o que enviaches e a ligazón deixa de funcionar. Se a institución volve necesitar os teus datos, terá que enviarche unha ligazón nova.
  • Dinche que che propuxeron un contrato e non che chegou nada. Busca tamén no correo non desexado unha mensaxe de no-reply@weikos.io co nome da institución no asunto. Se aínda non tes conta, ese aviso só chega se a institución o ten activado: crea a conta co correo electrónico que ten a institución e os contratos pendentes enviados a ese correo aparecerán sós.
  • Xa tes conta con outro correo electrónico. O contrato asóciase ao correo que escribiu a institución. Pídelle a quen xestiona a túa contratación que o cambie polo correo co que entras en Weikos.
  • O formulario di Esta ligazón xa non está dispoñible. A ligazón caducou, a institución anulouna ou xa a enviaches. Se recibiches varios correos, usa o máis recente: cada reenvío anula o anterior. Se non, pídelle á institución que che envíe unha nova.
  • Tes conta e non ves os datos do formulario. O que envías polo formulario chégalle á institución e non pasa a ningunha conta. Cobre os teus datos na app: explícao Cubrir os teus datos persoais.
  • Queres borrar os teus datos e non ves Borrar os meus datos. Só aparece na pantalla que sae xusto despois de enviar os teus datos ou unha corrección. Se o teu contrato xa está preparado, no seu lugar verás que llo pidas á institución: necesita os teus datos para cumprilo. Se pechaches esa pantalla, escríbenos a help@weikos.io desde o correo ao que che chegou a ligazón.
  • Xa tes conta e chegouche unha invitación a Weikos. Non tes que facer nada. Se o teu perfil está oculto, o correo propónche cambiar a súa visibilidade: é opcional.

Nunca che pediremos por correo o teu contrasinal nin os teus datos bancarios. Se recibes unha mensaxe que chos pida en nome de Weikos, non respondas e escríbenos a help@weikos.io.