Ir ao contido

Sincronizar o teu calendario con Google Calendar

Weikos pode crear na túa conta de Google uns calendarios co nome «Weikos · …» e mantelos ao día cos teus servizos: ensaios, concertos e bolos. A copia vai só de Weikos a Google: o que cambies en Google non chega a Weikos. Cando Google che pida permiso, marca a caixa de Google Calendar, que vén desmarcada.

  1. Preme a túa foto ou as túas iniciais arriba á dereita › Conta.
  2. En Integracións, preme Configurar en Google Calendar.
  3. Preme Conectar con Google e escolle a túa conta.
  4. Na pantalla de Google, marca a caixa de acceso a Google Calendar e continúa.
  5. De volta en Weikos, en Calendarios, activa os que queiras: Os meus eventos, as túas Agrupacións e, se o teu rol de acceso inclúe Ocupación de espazos, Espazos propios. Cada un crea en Google un calendario «Weikos · …».
  6. Mentres se copian, verás a porcentaxe. Podes pechar a pantalla: os servizos seguen chegando sós.

Que se copia: só os servizos, nin tarefas nin ausencias, dos últimos tres meses e ata dous anos por diante. Chegan os mesmos servizos que ves no teu calendario de Weikos, e cada cambio chega a Google nun ou dous minutos.

  • Apagar un calendario: desactívao e confirma con Eliminar calendario. Bórrase de Google con todos os seus eventos. Se o necesitas outra vez, volve activalo e créase de novo.
  • Quitar a conexión: preme Desconectar e confirma en Desconectar Google Calendar. Bórranse de Google os calendarios «Weikos · …».
  • Di que non se concedeu o permiso de calendario. Na pantalla de Google non se marcou a caixa de Google Calendar. Volve conectar e márcaa antes de continuar.
  • Conectaches e en Google non aparece nada. Conectar non copia nada por si só: activa os calendarios que queiras. Os servizos aparecen nuns minutos. Se en Google non ves o calendario «Weikos · …», revisa na súa lista de calendarios que estea marcado.
  • Ves os teus servizos dúas veces en Google. É normal se tes activados os dous calendarios: o da túa agrupación leva toda a súa programación, tamén os servizos que non tes asignados, e «Os meus eventos» leva só os que si tes asignados. Por iso os teus aparecen nos dous. En Google podes darlle unha cor a cada calendario para distinguilos.
  • Cambiaches ou borraches un evento en Google e volveu como estaba. A copia vai só de Weikos a Google, e Weikos refaina en cada actualización. Se o servizo está mal en Weikos, pregúntalle á túa institución.
  • Falta un servizo. Se tampouco o ves en Weikos, mira Atopar un servizo ou un proxecto.
  • Pon que a conexión caducou. Preme ou toca Volver conectar, escolle a mesma conta de Google e marca outra vez a caixa. Os teus calendarios consérvanse.
  • Pon O teu contrato con esta institución rematou. O seu calendario de Google segue existindo co histórico. Podes apagalo se queres borralo. O calendario desa institución queda en Google cos servizos ata a data de fin, incluídos todos os dese día; os posteriores bórranse. Se queres quitalo, apágao. Se volves ter contrato con esa institución, reactívase só. Os meus eventos fai o mesmo cando xa non che queda ningún contrato vixente, co aviso Xa non tes contratos vixentes. O teu calendario de Google segue existindo co histórico. Podes apagalo se queres borralo.
  • Non aparece unha agrupación ou un espazo na lista. Só aparecen os dos teus contratos vixentes, e os espazos propios, só se o rol de acceso do teu contrato inclúe Ocupación de espazos. Se cres que deberías ter algún, pregúntalle a quen xestiona a túa contratación.

Se un cambio feito en Weikos non chega a Google pasado un día, ou ao activar ou apagar un calendario aparece un erro que se repite, escríbenos a help@weikos.io cunha captura, se usas a web, o iPhone ou Android, e a túa institución.

Nunca che pediremos por correo o teu contrasinal nin os teus datos bancarios. Se recibes unha mensaxe que chos pida en nome de Weikos, non respondas e escríbenos a help@weikos.io.